martes, 6 de octubre de 2015

O APOIO AOS INVESTIGADORES POLA BIBLIOTECA DA UDC (III)


Rematamos a serie de entradas dedicadas ao curso "Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación” cunha breve referencia a contido da súa última semana.

A terceira semana do curso correspóndese co seu módulo 3, “Plataformas sociais e redes científicas”, dividido en tres temas:
  1. As redes sociais na web da Biblioteca da UDC
  2. As redes como fonte alternativa de impacto: Altmetrics
  3. A métrica das redes nas bases de datos.

No primeiro destácase o papel dinamizador das novas tecnoloxías, da web 2.0 e do movemento internacional do acceso aberto na investigación científica, dando lugar a unha ciencia 2.0 caracterizada pola colaboración, participación e a crecente accesibilidade gratuíta aos resultados da investigación. 

Aínda que as redes xeneralistas como Facebook, Twitter, etc.,  son relevantes para medir o interese que os estudos científicos despertan na sociedade e entre os colegas científicos, aparecen unha serie de redes especificas para científicos. As tres máis importantes, fundadas entre 2007 e 2008 e que abarcan tódolos campos, son:

Hai tamén redes especializadas en campos concretos; as máis importantes son Direct2Experts (ciencias da saúde) e SSRN Social ScienceResearch Network (ciencias sociais).

Nos últimos anos, co crecemento do interese pola ciencia na sociedade e da valoración da actividade dos  científicos cara á sociedade (engagement, outreach), a partir dunha ampla discusión en Twitter baixo a etiqueta #altmetrics sobre medidas alternativas, e da publicación do Altmetrics Manifesto, empezáronse a crear unha serie de plataformas (Altmetric.com, PlumX, Impactstory) que se ocupaban de recoller y medir a influencia dos artigos nas redes sociais e na sociedade, influencia ou intrerese distinto do impacto meramente académico que se reflicte nos índices de citas. 
Surden así novas métricas, métricas alternativas que se unen na oposición existente ás métricas tradicionais e que pretenden complementar o papel cada vez máis criticado do factor de impacto para a avaliación da produción científica de científicos, centros e países, ao ser só un indicador da importancia de revista e non de artigos. A Declaración de San Francisco sobre avaliaciónda investigación de 2013, e o Manifiesto de Leiden sobre indicadores de investigación e The Metric Tide, informe británico sobre o papel das métricas na avaliación e xestión da investigación, de 2015, son exemplos da xeneralización da crítica ás metricas tradicionais na comunidade científica.

Ao falar das altmetrics é necesario distinguilas das article-level metrics, o que non e sinxelo ao ser ámbolos dous conceptos novos e sen perfís ben definidos. Resumindo, o último termo abarca tódalas métricas a nivel de artigo, restrinxíndose o ámbito do primeiro á medida da influencia nas redes sociais.


Por último, no tema 3 lístanse un crecente número de recursos electrónicos que dispoñen de módulos de métricas alternativas, tanto recursos das coleccións da Biblioteca da UDC como de acceso aberto:

1 comentario:

Información e Coordinación dijo...

Enlaces Journal Citation Report e Essential Science Indicators

http://login.incites.thomsonreuters.com/?auth=ShibbolethIdPForm1_IC2ESI&entityID=http%3A%2F%2Fidp.fecyt.es%2Fadas%2FSHIB13%2F&ShibFederation=spanishFederation


http://login.incites.thomsonreuters.com/?auth=ShibbolethIdPForm1_IC2JCR&entityID=http%3A%2F%2Fidp.fecyt.es%2Fadas%2FSHIB13%2F&ShibFederation=spanishFederation