viernes, 18 de diciembre de 2015

FERRAMENTAS 2.0 DE APOIO AO ESTUDO E Á DOCENCIA EN FIADOR E NA WEB DA BUDC



O desenvolvemento orixinal da WWW deu lugar nun principio a unha explosión de información, que os motores de busca de entón como Altavista non podían controlar. Para orientarse na rede era necesario acudir a directorios elaborados a man como Yahoo.

Tras a crise do Nasdaq (burbulla punto com), xurdiu a Web 2.0: das páxinas estáticas pasouse a outras máis dinámicas; da páxina persoal ao blog que permitía a participación e os comentarios dos lectores; dos taboleiros de anuncios ou do chat (IRC, ICQ, Messenger, etc.) as novas e cada vez máis grandes redes sociais. Google convértese no buscador dominante grazas aos seus algoritmos de busca que facilitan a recuperación da información; á parte ofrece moitas aplicacións e utilidades para os usuarios que complementan o servizo de busca (Google Académico, Mapas, Traductor, entre outros). Negocios como Amazon o eBay aproveitan o novo marco. O foco desprázase da información ao servizo, á colaboración co usuario e entre usuarios, como base máis sólida para para resistir futuras crises.

As primeiras utilidades web dos noventa deixaron paso as apps (pequenas aplicacións multiplataforma) e a ferramentas 2.0 que sacan partido da rede e permiten a interactividade e o emprego dos recursos da Web nas actividades sociais. E a educación é unha das máis importantes. Igual que no campo da saúde, do deporte ou da Administración, xorden neste eido aplicacións que fan uso das novas tecnoloxías e do aumento de dispositivos de todo tipo (smartphones, tablets) para axudar nas actividades cotiás de profesores e alumnos: organización en axendas, xestión e edición de imaxes e información multimedia, aprendizaxe gratuíta en liña, marcadores sociais, editores de blogs, wikis, textos e presentacións, computación na nube que permite o traballo colaborativo, xestores bibliográficos en liña, gamificación, creación de cuestionarios e enquisas, uso do móbil na aula, etc.

Vimos de engadir dúas novas listas a colección de guías temáticas en Fiador e no sitio web da Biblioteca da UDC cunha selección de ferramentas 2.0 de utilidade ao estudo e á docencia:

2 comentarios:

Monti dijo...

Genial!!. Muy buena recopilación

Información e Coordinación dijo...

¡Muchas gracias, Ana!