viernes, 22 de enero de 2016

REORDENACIÓN DOS RECURSOS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN NA WEB DA BIBLIOTECA DA UDC

http://www.udc.es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html
A implantación do espazo europeo común de educación e investigación, iniciado coa Declaración de Bolonia, converteu as bibliotecas universitarias españolas en CRAIs (Centros de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación); o Regulamento do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña recolle ese concepto na definición do Servizo: "unidade funcional de xestión de recursos de información que da soporte ao estudo, á docencia e á investigación".

De aí que o sitio web da Biblioteca da UDC conte cunha sección de Soporte á investigación e á aprendizaxe, subidividida en Apoio á investigación e Apoio á aprendizaxe


Segundo os Estatutos da Universidade da Coruña, “a investigación, fundamento da docencia, medio para o progreso da comunidade e soporte da transferencia social do coñecemento, constitúe unha función esencial da Universidade”: vimos que é tarefa da súa biblioteca apoiar esa función esencial.
O persoal das distintas bibliotecas da universidad ofrece cada día novos servizos aos investigadores.

O crecente número de recursos no sitio web da Biblioteca exixe a súa reestruturación.
Os contidos da páxina Servizos de apoio á investigación pasan a reagruparse ao redor dos seguintes elementos:
  • Fases do ciclo da investigación científica
  •  Un apartado introductorio (Xeneralidades) e outro sobre os aspectos a ter en conta á hora de crear unha revista mediante o sistema OJS: publicación, difusión e avaliación (Edición)

No hay comentarios: