lunes, 19 de septiembre de 2016

As coleccións da Biblioteca

Comezamos o curso cunha serie de noticias nas que queremos explicar a páxina web da Biblioteca da UDC: nas primeiras falaremos da organización dos seus recursos.

A Biblioteca ten colecións propias: colección dixital e colección analóxica.  O sitio web da BUDC é o portal de acceso aos recursos da colección dixital. O Catálogo permite buscar e localizar nas distintas bibliotecas da UDC obras da colección analóxica (libros, revistas en papel, etc.). Pero tamén ten enlaces dos títulos que teñen versións dixitais.

A web da Biblioteca mostra tamén outros recursos, una selección de materiais gratuítos en Internet clasificados en:
  • Recursos xerais organizados por tipoloxía documental (mapas, dicionarios, patentes, teses, etc)
  • Recursos por áreas (ciencias da saúde, arquitectura, dereito, educación, etc.)
  • E, para facilitar o traballo aos alumnos, todos os recursos electrónicos (de pago e gratuítos) están "unidos" nas Guías temáticas (Fiador)
Por último, e debido a súa importancia, creouse unha sección dedicada ás coleccións de OA (recursos en acceso aberto)

Todo iso resúmese no cadro dos recursos da biblioteca, no que podedes acceder á información que temos recollido sobre os temas que vos interesan:
http://www.udc.gal/biblioteca/recursos_informacion/outros_recursos/materias/

No hay comentarios: