miércoles, 21 de mayo de 2008

FORMACIÓN EN EBSCO

Os vindeiros días 29 e 30 de maio celebraranse no edificio Xoana Capdevielle varias sesións de formación das bases de datos de EBSCO. A diferenza dos cursos anteriores, esta vez as catro sesións estarán destinadas a todas as persoas interesadas da comunidade universitaria.

O horario será o seguinte:
29 de maio 10.00-13.30 cunha pausa para café
17.00-20.30 tamén con pausa para café
30 de maio 10.00-13.30 cunha pausa para café
15.00-17.30

As bases de datos que forman parte da plataforma de Ebsco son: Biological Abstracts, Business Source Premier, Cinahl, EconLit, Eric, Human Resources Abstracts, Library Information Science & Technology Abstracts, Medline, Pre-Cinahl, PsycCritiques, Public Administration Abstracts, Regional Business News, SportDiscus with Full Text, The Serials Directory, GreenFile, Teacher Reference Center.

Para poder asistir aos cursos é necesario apuntarse mandando un mail a informacion.usuarios@biblioteca.udc.es ou nas ext. 5639 e 5665.

No hay comentarios: