martes, 20 de mayo de 2008

PRIMAL

Ata o 18 de xuño teremos en proba na biblioteca esta nova base de datos de Ovid, Primal Pictures Interactive Anatomy.
Primal é un modelado tridemensional de imaxes de anatomía humana que ofrece unha aprendizaxe interactiva do corpo humano. Dividida en módulos, cada un céntrase nunha rexión do corpo (cabeza, pé, xeonllo, cadeira, etc.), utiliza distintos formatos para ilustrar a materia: modelos de animación, vídeos, fotografías, correlacións das imaxes por resonancia magnética e diapositivas de patoloxía.
Ofrece acceso a máis de 6.500 estructuras anatómicas tridimensionais interactivas e detalladas.
Creada con cadáveres, diseccións e escáneres: non é un debuxo (100% baseado na evidencia), pódese ver cada estructura anatómica, dende a pel ata os ósos, en forma de 24 capas que se van eliminando para o seu estudo en profundidade, e poden rotarse para verse en diferentes perspectivas. Permite complementar as imaxes tridimensionais con descricións textuais e diapositivas de patoloxía ademais de exportar as imaxes para presentacións e apuntes.
Para poder acceder a esta base de datos necesítase un usuario e contraseña que vos será facilitado dende a sección.

No hay comentarios: