O Día
internacional do libro celébrase en todo o mundo co obxectivo de fomentar a
lectura, a industrial editorial e a protección da propiedade intelectual por
medio do dereito de autor. Ten lugar cada 23 de abril desde 1996 tras a súa
promulgación pola UNESCO en 1995.
Foi elixida esta data, o 23 de abril, porque coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega no mesmo día do ano 1616.
Actos desta celebración que tiveron e terán lugar son:
- Xornada de portas abertas na Biblioteca Nacional de España o próximo sábado, 26 de abril.
- Lectura continuada de “El Quijote” os 23, 24 e 25 de abril no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Da lectura das primeras liñas da obra encargouse Elena Poniatowska, Premio Cervantes 2013.
- Diada de Sant Jordi en Barcelona, onde os libros e as rosas comparten protagonismo.
- En Galicia celebrouse este día con diversos actos nas bibliotecas nodais, bookcrossing nos museos e coa distribución dun marcapáxinas nas librarías, publicado pola Xunta de Galicia, para difundir a figura e a obra de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014.
- Exemplos da festividade nas bibliotecas da UDC foron a liberación de libros por parte da Biblioteca da Facultade de Filoloxía ou o agasallo destes na Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario