viernes, 16 de mayo de 2014

Xosé María Díaz Castro, Letras Galegas 2014



Como xa comentamos nalgunha outra ocasión, o Día das Letras Galegas ten lugar desde 1963 todos os dezasetes de maio. Rosalía de Castro foi a primeira homenaxeada porque nesta data conmemorouse o centenario da edición en 1863 de Cantares Gallegos.

O 17 de maio de 2014 será protagonizado polo poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, 1914 – Lugo, 1990). Este autor coñecía 14 linguas, pero só publicou unha obra, o poemario Nimbos (1961), que influiu nos poetas galegos posteriores pola súa perfección e preocupación por Galicia e os problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo.

Adoita ser incluído entre a Xeración do 36 a carón de poetas como Ricardo Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesias Alvariño.

Nun dos seus poemas máis coñecidos “Penélope”, reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida pero para a que alberga esperanzas: unha versión musicada deste poema, por Fuxan os Ventos.

Podedes consultar que documentos temos sobre Díaz Castro e localizar exemplares do seu poemario no catálogo da Biblioteca.

No hay comentarios: