En función da
información que queiramos recuperar, hai que ter en conta dúas características:
- A súa temática ou área de coñecemento na que se clasifica a información que ofrece; moitas son multidisciplinares, polo que poderemos atopar información relacionada con varios campos.
- A súa relevancia, que se mide en función da cantidade e calidade das publicacións que ten indexadas.
A BUDC está
subscrita a, aproximadamente, medio centenar de bases de datos de diferentes
materias, organizadas alfabeticamente
ou segundo
a súa temática; tamén están accesibles desde o catálogo da Biblioteca.
As bases de datos
multidisciplinares de pago máis importantes son:
- CSIC (ámbito español)
- Web of Science (ámbito internacional)
- Scopus (ámbito internacional)
No hay comentarios:
Publicar un comentario