viernes, 15 de mayo de 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015


O Día das Letras Galegas ven tendo lugar todos os anos o 17 de maio, desde a súa primeira conmemoración no ano 1963.
Esta ano está dedicado a Xosé Filgueira Valverde.

 
Xosé Filgueira Valverde foi unha das figuras máis destacadas de Galicia no século XX, unha centuria, vale a pena comentalo xa de entrada, que, en boa medida, enche coa súa propia existencia, pois naceu en 1906 e faleceu en 1996. A súa traxectoria  vital, significada pola diversidade e amplitude das súas actividades, intereses e saberes, tivo un núcleo vertebrador inequívoco, Galicia e a súa Cultura, entendida ésta na súa máis ampla acepción, con dous privilexiados eixos  de referencia: Pontevedra, a cidade na que que veu a luz, e Santiago de Compostela, a urbe na que recibiu no esencial  a súa sólida formación intelectual.

Ao  longo da súa vida, participóu Filgueira Valverde de maneira decidida e decisiva na creación ou potenciación de numerosas institucións, algunhas de capital significación no panorama cultural do seu tempo, as máis con proxección e presencia intensa tamén no noso. Merecen reseña, polas especiais circunstancias que nelas concurren, catro: o Seminario de Estudos Galegos, o Museo de Pontevedra, o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos e o Consello da Cultura Galega. Ademais de numerosas obras de estudo e decreación literaria.

O acto central do Día das Letras Galegas 2015 terá lugar no Museo de Pontevedra, o domingo 17 as 12:30 h e contará coa intervención dos membros de número Víctor Fernández Freixanes, Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Xosé Ramón Barreiro Fernández. O encargado de pechar a sesión será o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero.  

Máis información nos seguintes ligazóns:

No hay comentarios: