viernes, 28 de agosto de 2015

SERVIZOS DA BIBLIOTECA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (I)



A Biblioteca da Universidade da Coruña é unha, aínda que descentralizada[1]. Hai dúas bibliotecas intercentros: a do Campus de Esteiro, na Casa do Patín, e a de Ciencias da Saúde, en Oza; e unha biblioteca de centro por cada unha das demáis escolas e facultades. A parte,

O fin do Servizo de Biblioteca da UDC é poñer a disposición dos usuarios recursos de información para dar soporte ao estudo, á docencia e á investigación[2]. Eses recursos son 850.000 libros, 20.000 ebooks e 46.000 documentos noutros formatos, como DVD, mapas, microformas, etc. A BUDC ten tamén con 9.000 revistas en papel e 17.000 en formato dixital, e 56 bases de datos.

As bibliotecas dos centros contan con seccións BIC (Biblioteca de Interés Cultural), con novelas, ensaios, guías de viaxe, cómics, etc.

A Universidade da Coruña ten uns 25.000 alumnos, polo que a ratio de libros/usuario[3] é de 34. É dicir, cada alumno de grado tería uns 30 libros para escoller. Se todos os alumnos levaran en préstamo o máximo número de libros permitido, 6 libros por 10 días renovables, aínda quedarían máis de 500.000 a súa disposición.

Dicíamos que a Biblioteca da UDC era única, polo que a tarxeta de usuario vale para tódalas bibliotecas de centros. E dende calquera de elas pode solicitarse libros só dispoñibles nunha biblioteca ou campus distinto, mediante o préstamo intercentros.

Na próxima entrada do blog seguiremos falando dos servizos da biblioteca (préstamo: duración, renovacións, reservas; apoio á aprendizaxe, cursos de formación, información e referencia, bibliografías recomendadas, servizos no sitio web) e da importancia de que os novos alumnos se autentiquen na páxina de servizos para poder levar libros en préstamo, xa que a matriculación non leva o alta automática na Biblioteca da UDC.







[1] Ou como di mellor o seu regulamento, “O Servizo de Biblioteca da UDC estrutúrase como un sistema bibliotecario único, descentralizado e coordinado, que se organiza en unidades técnicas ou seccións, e bibliotecas de centros, de acordo con criterios de territorialidade ou temáticos”
[2]O Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña é a unidade funcional de xestión de recursos de información que da soporte ao estudo, á docencia e á investigación, mediante adquisición, a organización e o procesamento dos fondos bibliográficos e documentais, co fin de poñelos a disposición dos usuarios.”
[3] Se non temos en conta outros usuarios como os 1.400 profesores, 700 PAS e os 1.500 almunos de posgrado. Se descontamos os fondos dispoñibles para os alumnos de grado, a ratio axustada sería de 28 libros por usuario (650.000/23.000).

No hay comentarios: