jueves, 3 de septiembre de 2015

SERVIZOS DA BIBLIOTECA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (II)


Nesta entrada do blog rematamos a breve exposición dos servizos da Biblioteca da UDC iniciada no post anterior, falando das condicións de préstamo, renovacións e reservas, outros servizos en liña, cursos de formación, etc.

As condicións de préstamo para os alumnos de grao son:
  • 6 obras[1] 
  • Por 10 días naturais[2]
  • Préstamo renovable indefinidamente salvo que foran solicitados por outra persoa
A duración do préstamo para alumnos de mestrado e doutoramento amplíase a 21 días naturais e o número de obras que poden levar, a 10 e 25, respectivamente.

As renovacións poden facerse no mostrador de calquera biblioteca da UDC, chamando a calquera dos seus números de teléfono; por Internet, no sitio web da BUDC en O meu rexistro. Os libros prestados poden reservarse: en persoa, no mostrador das biblioteca da UDC; por Internet, ben no catálogo da BUDC, ben a través de O meu rexistro.


Para levar en préstamo libros e para acceder a O meu rexistro vale a Tarxeta de identificación universitaria (TIU) e tamén o DNI; eses servizos poden usarse antes da recepción da tarxeta mediante a presentación do DNI, incluso os servizos electrónicos[3].

Como se indica na páxina web, “a través de O meu rexistro poderá consultar e renovar os seus préstamos; reservar documentos, consultar e cancelar as reservas; gardar e consultar o seu historial de lectura; acceder á consulta do catálogo; seleccionar e gardar as súas buscas preferidas; e crear listas con documentos do catálogo que lle interesen

Pódese acceder a O Meu Rexistro dende as páxinas de inicio da BUDC ou do seu catálogo, e tamén a través dos elementos do menú Xestións en liña e Accesos directos. Á hora de reencher os datos do formulario, se non sabes ou recordas o teu código de barras (é o que figura na TIU), case sempre será 20 + DNI sen letra. O PIN é o da TIU. Se non o recordas, podes recuperalo seguindo as instrucións do seguinte enlace.

Máis información:
Para aprender máis sobre o uso da Biblioteca da UDC podes asistir a cursos de formación de usuarios:






[1] Prestables; a normativa de préstamo da BUDC lista no seu artigo 4.2 as obras excluídas
[2] Salvo nos préstamos especiales (de fin de semana, de bibliografía recomendada, BIC, etc.)
[3] Recordámosche a importancia de que os novos alumnos se autentiquen na páxina de servizos para poder levar libros en préstamo, xa que a matriculación non leva o alta automática na Biblioteca da UDC

No hay comentarios: