viernes, 18 de septiembre de 2015

O APOIO AOS INVESTIGADORES POLA BIBLIOTECA DA UDC (I)


Segundo o Plan Estratéxico UDC 2013-2020, a “Universidade da Coruña ten como finalidade contribuír ao avance cultural, social e económico da sociedade por medio da xeración, xestión e difusión de cultura e coñecemento científico, tecnolóxico e profesional.”

 Son misións clásicas da Universidade: 
  • Transmitir coñecemento: docencia 
  • Crear coñecemento: investigación 
  • Conservar coñecemento: xestión e bibliotecas, arquivos e museos 
Na adaptación ao Espazo Europeo de Investigación, REBIUN sinalou que a biblioteca tiña que:
  • Desenvolver unha biblioteca dixital [e] fomentar a aprendizaxe en rede de universitarios e profesores
  • “Desenvolver repositorios institucionais”, para “aumentar a visibilidade dos resultados da investigación”
  • “Incluír progresivamente novos servizos e proxectos universitarios”.
Partindo dunha biblioteca xa totalmente automatizada, da xeneralización na sociedade actual da información das bibliotecas dixitais e do uso de recursos electrónicos moi custosos, a biblioteca (polo coñecemento sobre o uso dos sistemas de información científica –WoS e Scopus-, do movemento de acceso aberto e a súa normativa de aplicación, das políticas de propiedade intelectual, etc.) pode incluír un novo servizo de apoio a investigación que reúna tarefas de asesoramento para solicitudes de sexenios, a xestión e mantemento do repositorio institucional, fomento do seu uso e de doutras posibilidades da Ciencia 2.0 para a difusión e o incremento da visibilidade da produción investigadora.

Acceso o artigo completo

O Servizo de Biblioteca da UDC está executando un proxecto para a posta en marcha dun servizo deste tipo; unha das actuacións previstas é o curso semipresencial "Estratexias  para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación", impartido polo Servizo de Biblioteca e as bibliotecas dos centros, en colaboración co CUFIE. As súas 12 horas de duración repártense en 8 teóricas en liña a través da plataforma Moodle en en 4 prácticas en obradoiros presenciais nas bibliotecas dos centros.

A parte teórica en liña, do 21 de setembro ao 2 de outubro, estruturase en tres unidades didácticas: 

  1. A identificación de autor: nome e filiación 
  2. A publicación e o acceso aberto. O repositorio institucional da UDC (RUC) 
  3. Plataformas sociais e redes científicas
Exemplos de bibliotecas universitarias que ofrecen servizos de apoio á investigación son: 
Outros servizos da UDC de apoio á investigación: 
O curso garda relación coa liña 1.7 do obxectivo estratéxico 1 do Plan UDC2020, unha produción científica de calidade (Investigación, Innovación e Transferencia): “Aumentar a visibilidade e mellorar os indicadores da actividade real de investigación e transferencia”

No hay comentarios: