lunes, 28 de septiembre de 2015

O APOIO AOS INVESTIGADORES POLA BIBLIOTECA DA UDC (II)


A semana pasada falabamos do inicio o día 21 de setembro do curso semipresencial "Estratexias  para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación", impartido polo CUFIE, en colaboración co Servizo de Biblioteca e as bibliotecas dos centros, en execución dun proxecto do Servizo de Biblioteca da UDC para a posta en marcha dun servizo de apoio aos investigadores.

Nesta primeira semana do curso tratouse da “identificación de autor: nome e filiación”. Na próxima, “A publicación e o acceso aberto. O repositorio institucional da UDC (RUC)” é o tema a desenvolver, ámbolos dous moi interesantes, importantes e de actualidade para o investigador.

Dentro da materia da identificación do autor, tras falar dos problemas á hora de recuperar toda a súa produción científica (na elaboración do currículos, nas solicitudes de avaliación da súa actividade investigadora) e das cuestións de filiación institucional, que requiren de nomes normalizados para investigadores e centros,  pasa a analizar en detalle as distintas solucións dispoñibles para o investigador, entre as que destaca ORCID (Open Researcher & Contributor ID, código alfanumérico que identifica aos autores e ao seu traballo) pola súa implantación cada vez máis xeneralizada e exixida por axencias de financiamento e pola súa interoperabilidade.

ORCID, aparte de identificar ao autor, permite a creación dun perfil bibliográfico dixital completo, interoperando cos sistemas de perfís ResearcherID da WoS, Scopus Author ID, Google Scholar, con redes profesionais de científicos como ResearchGate ou Academia.edu, con repositorios como Zenodo, etc. No curso tratouse pormenorizadamente o funcionamento dos distintos sistemas de identificación e de perfís de investigadores.

Na segunda semana, dúas serán as cuestións centrais:  a primeira, a importancia e implicacións do movemento Open Access a e súa necesidade, tanto económica como legal (a nivel institucional, estatal –lei da ciencia e Decreto 99/2011 de doutoramento-, europeo e global); as súas vantaxes, especialmente relevantes no ámbito das ciencias biomédicas (para evitar danos derivados do nesgo a favor dos resultados positivos e a repetición de ensaios clínicos) e para o avance da ciencia. Hai dúas vías do acceso aberto: verde (revistas OA) e dourada (os repositorios, especialmente útiles a hora de favorecer a visibilidade de produción científica son estudados con detalle, os diferentes tipos, exemplos, mellores prácticas, requirimentos técnicos –metadatos- e de propiedade intelectual: compatibilidade con revistas, tipos de licenzas, Creative Commons).

A continuación analizarase o Repositorio Institucional da UDC, cristalización dese movemento do acceso aberto na Universidade. Resultado dun proxecto de tres bibliotecarios e un informático da UDC, foi un dous primeiros repositorios españois, o que se reflicte na riqueza das súas coleccións, no desenvolvemento técnico da plataforma e na colaboración e concienciación do PDI

1 comentario:

Pedro Incio dijo...

From: Vellay, Sebastien (IP&Science)
Sent: 06 October 2015 09:34
To: Mangan, Rachel E. (IP&Science)
Subject: RE: Incites JCR y ESI

Hola Rachel,



Claro no hemos cerrado el grifo de un día para el otro. Reemplazaremos las URLs desde WoS definitivamente a finales del año.



Debería funcionar desde esas URLs



SAML Version


ESI on InCites


JCR on InCites

SAML1.0


http://login.incites.thomsonreuters.com/?auth=ShibbolethIdPForm1_IC2ESI&entityID=http%3A%2F%2Fidp.fecyt.es%2Fadas%2FSHIB13%2F&ShibFederation=spanishFederation


http://login.incites.thomsonreuters.com/?auth=ShibbolethIdPForm1_IC2JCR&entityID=http%3A%2F%2Fidp.fecyt.es%2Fadas%2FSHIB13%2F&ShibFederation=spanishFederation

SAML2.0


http://login.incites.thomsonreuters.com/?auth=ShibbolethIdPForm2_IC2ESI&entityID=http%3A%2F%2Fidp.fecyt.es%2Fadas%2FSHIB13%2F&ShibFederation=spanishFederation


http://login.incites.thomsonreuters.com/?auth=ShibbolethIdPForm2_IC2JCR&entityID=http%3A%2F%2Fidp.fecyt.es%2Fadas%2FSHIB13%2F&ShibFederation=spanishFederation





Ya me comentaras.



Un saludo



-----Original Message-----
From: Mangan, Rachel E. (IP&Science)
Sent: October-06-15 9:52 AM
To: Vellay, Sebastien (IP&Science)
Subject: Incites JCR y ESI



Hola Sebastien



Ya sabes que estoy en Espana para hacer las formaciones.



Ayer en UPC y hoy A Coruna.



No veo ningun cambio de JCR y ESI.



Hay que esperar un poco mas o el acceso es por otro url con claves de acceso?



Gracias



Rachel



Sent from my iPhone