viernes, 6 de noviembre de 2015

EMERGING SOURCES CITATION INDEX (ESCI), NOVO ÍNDICE DE THOMSON REUTERS



Este domingo 8 de novembro Thomson Reuters lanza o novo índice Emerging Sources Citation Index (ESCI), accesible mediante a subscrición da Biblioteca da UDC. Estenderá o número de publicacións na Web of Science ao incorporar revistas de alta calidade con revisión por pares de importancia rexional e en campos científicos emerxentes.

ESCI ofrece aos editores de revistas un nivel de inclusión adicional na Web of Science e mellora a transparencia nos procesos editoriais de Thomson Reuters. Os responsables de revistas poderán solicitar a súa incorporación ao novo índice.

As revistas no Emerging Sources Citation Index pasaron unha primera avaliación editorial e serán consideradas para a inclusión nos índices SCIE, SSCI eAHCI, que teñen procesos de avaliación e seleción máis exixentes. Non teñen Factor de Impacto.

ESCI ofrece aos usuarios da Web of Science máis opcións para atopar contidos academicamente relevantes. Coa indización da revista, autores e investigadores poderán analizar o impacto dos traballos mediante  o número de citas e a contribución dun artigo en disciplinas concretas.

Os criterios de selección foron:
  • Revistas con revisión por pares
  • Revistas conformes coas boas prácticas da publicación ética
  • Contido de alto interese para a comunidade científica (investigadores, institucións de financiamento, administradores de I+D, etc.)
  • Contidos que cumpran cos requisitos técnicos de Thomson Reuters

No hay comentarios: