viernes, 17 de junio de 2016

JCR E SJR: NOVAS VERSIÓNS 2016



O 13 de xuño publicouse a versión 2016 do Journal Citation Reports (JCR), que ofrece os datos do Factor de Impacto de 2015. E o día anterior, a nova edición do Scimago Journal Rank (SJR). Con motivo desas actualizacións, imos falar deses indicadores de calidade das revistas científicas.

Coa última versión do SJR, o portal Scimago Journal & Country Rank modifica a súa  interface e engade novas funcionalidades e indicadores.

JCR anterior
O JCR (que ofrece o Factor de Impacto construído sobre os datos da Web of Science), foi nos últimos anos bastante máis ala dun simple cambio de deseño. Desde outubro do ano pasado, a UDC ten acceso a un novo produto de Thomson Reuters, a plataforma InCites, que pasa a conter tanto o Journal Citation Reports como o Essential Science Indicators.

InCites JCR
InCites Journal Citation Reports é unha nova ferramenta visual e interactiva con substantividade propia na plataforma InCites

En 2016 inclúe unha nova categoría, Green & Sustainable Science & Technology, e 239 novas revistas. Listaxe de revistas no JCR 2016

Tanto o JCR como o SJR constrúense sobre os datos de bases de pago, Web of Science de Thomson Reuters e Scopus de Elsevier, respectivamente (aínda que o portal Scimago Journal & Country Rank é libremente accesible). Estas bases de datos realizan un traballo de selección o número de revistas que indizan: 15.000 a WOS -das que 11.000 teñen JCR-, e 22.000 Scopus.

Google Scholar Metrics (e a súa base de datos Google Scholar) non ten estes tipos de límites nin compite con melloras de deseño ou con novas métricas alternativas. Non limita o número de revistas (40.000) nin o tipo de ítem indizable, incrementando deste xeito o número de citas e artigos por autor e o seu índice h.

GSM, ao non ter o nesgo anglosaxón da WOS e de Scopus, recolle e avalía mellor a produción de países non anglófonos como España e os latinoamericanos. O grupo EC3 (Evaluacion de la Ciencia y de la Comunicacion Cientifica) da Universidade de Granada elabora listaxes de avaliación da calidade de revistas académicas a partir de GSM: Google Scholar Digest, Journal Scholar Metrics.

As páxinas dedicadas a WOS e a Scopus no sitio web da Biblioteca da UDC inclúen agora epígrafes de indicadores:

Indicadores Web of Science
Indicadores Scopus

No hay comentarios: