viernes, 1 de julio de 2016

Grandes bibliotecas dixitais (I): Galiciana

Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia impulsada pola Consellería de Cultura e xestionada pola BdG. O proxecto ten como obxectivo non só a dixitalización dos fondos patrimoniais máis relevantes para Galicia, senón tamén a normalización do seu acceso mediante a aplicación das directrices e estándares nacionais e internacionais. A súa finalidade é lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día. Por iso, desde os seus inicios Galiciana participa en Hispana, directorio e recolector de recursos dixitais españois, e ambas provén de documentos a Europeana, a biblioteca dixital europea.

Galiciana integra actualmente, ademais de fondos propios da Biblioteca de Galicia, obras dixitalizadas en colaboración coas principais bibliotecas patrimoniais galegas. Nela pódense consultar recursos dixitalizados en institucións culturais tan importantes como a Universidade de Santiago de Compostela, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Seminario de Mondoñedo ou a Biblioteca de Estudos Locais da Coruña.

A súa colección estrutúrase nos seguintes apartados:
Galiciana contén 1.707.136 obxectos multimedia.  Pero compre dicir que os datos sobre estas coleccións poden levar a engano,pois fálase de case que dous millóns de obxectos, máis en realidade ese total refírese a imaxes, ou sexa a páxinas dixitalizadas, e non a documentos –de xeito que un libro pode ter moitas imaxes e constituír moitos obxectos. Galiciana ten 5.400 obras, das que 4.600 son libros e o resto xornais, artigos, manuscritos e material non librario: mapas, ilustracións e fotos. Os datos desagregados a data de 1 de xullo de 2016 son os seguintes:  un  total de 5.386 obras (número de títulos de obras, xa sexan monografías ou publicacións periódicas),  que por tipoloxías documentais  danos estes datos: 4.585 monografías, 404 periódicos e revistas, 173 manuscritos, 24 artigos ou capítulos, 190 mapas e 9 ilustracións ou fotografías.

No hay comentarios: