Dentro da serie de entradas que dedicamos no blog ás distintas tipoloxías documentais de recursos de información, e vistos os xornais electrónicos, imos falar agora das bases de datos e da súa clasificación no sitio web da Biblioteca.
Segundo Martínez de Sousa, as bases de datos (en adiante, BB. DD.) bibliográficas son “conxuntos de referencias bibliográficas almacenadas en soporte electrónico e estruturadas de forma que poidan ser recuperadas automaticamente”; bancos de datos cuxos rexistros son referencias bibliográficas. Esta definición correspóndese máis ben coa de base de datos referencial: a que permite a busca e localización de artigos e outros traballos académicos, pero non a súa descarga. Actualmente, cada vez máis BB. DD. permiten o acceso ao texto completo de todos ou de parte dos traballos referenciados (SportDISCUS with Full Text, Westlaw Aranzadi, ProQuest Dissertations & Theses, Dialnet, etc.). Poden ser multidiciplinares (Web of Sscience, Scopus, CSIC, Google Académico) ou temáticas.
As bases de datos organízanse do segunte xeito na web da Biblioteca:
- BB.DD. das coleccións dixitais da BUDC:
- Como no caso da sección Revistas electrónicas
- ordenadas por título (índice alfabético) ou por materia
- ofrécense guías e titoriais das mesmas
- Entre as principais destacan SciFinder, Medline (en acceso aberto baixo o nome de PubMed), Westlaw Aranzadi, AENORmás, etc.
- Os bancos de datos multidisciplinares Web of Science e Scopus sirven como sistemas de información científica e son empregadas para a avaliación da produción investigadora a efectos de sexenios e acreditacións
- Provedores de BB. DD. como EBSCO e ProQuest contan con portais de busca no conxunto conjunto de súas bases de datos: EBSCOhost (a BUDC está subscrita a 13 das súas BB. DD.) e Portal en español de ProQuest (a 9)
- Principais BB. DD. temáticas: Avery Index Architectural Periodicals, Business Source Premier, EconLit, SABI, ERIC, LION, IEEE Xplore, SPORTDiscus with Full Text...
- Bases de datos gratuítas:
- Na sección “Outros recursos electrónicos”, repartidas polas diferentes materias (p. ex., de Bioloxía, de Dereito) e tipoloxías documentais (de teses)
Preme para ampliar - En Fiador
- En Recursos en acceso abierto, moitos repositorios de documentos en acceso aberto son tamén bases de datos (p. ex., Dialnet, o RUC). Tamén o son os portais de datos abertos
- Predominan as bases de datos de texto completo
- Google Académico é a maior base de datos de libre acceso. Pola súa exhaustividade e multidisciplinariedade, é o equivalente gratuíto á Web of Science e Scopus, e indiza moitos más artigos a non limitarse só aos dunha selección de revistas
No hay comentarios:
Publicar un comentario