lunes, 26 de diciembre de 2016

O meu rexistro



Unha das xestións en liña que ofrece a biblioteca da UDC é O meu rexistro, posibilitando ós usuarios realizar determinados trámites sen a necesidade de pasar pola biblioteca.
Pódese acceder a “O meu rexistro” dende as páxinas de inicio da BUDC ou do seu catálogo, e tamén a través dos elementos do menú Xestións en liña e Accesos directos.
Será necesario indicar a seguinte información:
- Nome e apelidos
- Código de barras: correspóndese co que figura na tarxeta universitaria (case sempre será 20 + DNI sen letra)
- PIN: tamén é o da tarxeta. Se non o recordas, podes recuperalo seguindo as instrucións do seguinte enlace.
 
A través de “O meu rexistro” os usuarios poderán:
  • Consultar e renovar os seus préstamos: as renovacións pódense facer sempre que o documento non fora reservado por outro usuario. Ademáis, a data de vencemento do préstamo non debe de estar sobrepasada.
  • Reservar documentos, consultar e cancelar as reservas: as reservas poderanse facer sempre que os materiais estean prestados. A biblioteca avisará ó usuario por correo electrónico cando devolvan o documento e o gardará durante 48 horas para poder pasar a recollelo.
  • Gardar e consultar o seu historial de lectura: ofrécese a posibilidade de gardar o histórico dos materiais que vaiades tendo en préstamo aínda que os devolvades. Soamente é necesario activar a opción “O meu historial de lectura”. Desta maneira, todo o que levedes en préstamo a partir dese momento, quedará almacenado nunha lista.
  • Acceder á consulta do catálogo: a vantaxe de buscar no catálogo conectado como usuario é que permite gardar as estratexias de busca e posteriormente recibir alertas vía e-mail en base a elas.
  • Seleccionar e gardar as súas buscas preferidas: unha vez feita a busca que desexe no catálogo, na pantalla dos resultados, pulsando o botón Gardar busca.
  • Solicitar alertas por correo electrónico de novas incorporacións ó catálogo de documentos que coincidan coas súas buscas preferidas
  • Crear listas con documentos do catálogo que lle interesen
Na guía de uso de “O meu rexistro podedes ver cómo realizar cada unha destas accións descritas mediante exemplos en pantallas.

No hay comentarios: