martes, 10 de enero de 2017

Dialnet



Dialnet é a maior base de datos de artigos científicos hispanos accesible de modo gratuíto en Internet. Proporciona acceso fundamentalmente a documentos publicados en España en calquera lingua, publicados en español en calquera país ou que traten sobre temas hispánicos. Os contidos inclúen artigos de revistas, capítulos de monografías colectivas, teses, libros, etc. Trátase dun proxecto de cooperación bibliotecaria no que participa a UDC. Comezou na Universidad de La Rioja e actualmente colaboran numerosas bibliotecas universitarias, así como bibliotecas públicas e especializadas.

As revistas (máis de 9500) son o núcleo fundamental, predominando as de Ciencias Sociais e Humanidades, aínda que tamén vanse incorporando moitas máis de Ciencia e Tecnoloxía. Neste sentido hai que destacar a importancia deste recurso, xa que as revistas científicas teñen un gran peso no ámbito académico universitario, sendo o instrumento máis usado pola comunidade científica para dar a coñecer os seus traballos.
Dialnet proporciona 5 buscadores:


  1. Documentos: unha vez realizada a busca, preséntanse á esquerda dos resultados unha serie de filtros que permiten ir acotando a busca inicial:
  2.  Revistas: ademáis da busca xeral, permite acceder directamente a un  listado  de  revistas  dispoñibles  a  texto  completo,  un listado alfabético e un listado por materia. 
    Ler o artigo completo

No hay comentarios: