Se a semana pasada elaboramos un
post sobre as redes sociais nas bibliotecas, ésta centrarémonos no estudo delas
nas bibliotecas da UDC. Como comentabamos, a maioría das bibliotecas da UDC
están presentes en redes
sociais. A que máis éxito ten é Facebook, seguida de Twitter e Pinterest, e
algunhas tamén contan con outras redes como blogs, Scoop, Google+, Youtube ou
Flickr. Pasamos a analizar cada unha delas, facendo unha breve descripción do
que difunden a través de cada rede:
- Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín: ademáis de Facebook e Twitter, conta con Pinterest, no que dan a coñecer as novidades bibliográficas e as revistas das correspondentes titulacións, así como as exposicions ou encontros realizados na propia biblioteca.
- Biblioteca da Escola Politécnica Superior: ten presenza en Facebook, ligado ó ámbito da enxeñaría.
- Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica: ten Facebook e Twitter, no que proporcionan novas relacionadas coa biblioteca, a escola, a universidade e o sector da enxeñaría, recursos de interese para realizar traballos de clase, buscar información...ou información sobre cursos e outras actividades desta universidade e doutras entidades.
- Biblioteca da ETS de Arquitectura: conta con Facebook, Twitter e Scoop.it, ligados á novas relacionadas coa arquitectura, e con Pinterest, no que difunden as últimas compras realizadas pola biblioteca, así como información da colección de cine que posúe.
- Biblioteca da ETS de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos: ademáis de Facebook e Twitter, no que dan conta de novas relacionadas cos ámbitos temáticos que se imparten na escola, en Pinterest recompilan por titulación e materia os proxectos presentados dende 2002.
- Biblioteca da Facultade de Ciencias: é a biblioteca que ten máis redes activas na actualidade: Facebook, Twitter, canal de Youtube con videos explicativos de recursos ou servizos que ofrece a biblioteca, Google+ orientado principalmente a dar conta de eventos, cursos…e Flickr, dedicado a exposicións ou eventos.
- Biblioteca
da Facultade de Economía e Empresa: conta con Facebook, para
informar tanto de novas xerais como especializadas na economía e empresa, e Pinterest, no que difunden as
últimas adquisicións e os centros de
interese que van elaborando.
- Biblioteca da Facultade de Filoloxía: ten Facebook, Pinterest especializado en autores e outros temas literarios, e Flickr con fotografías da biblioteca e exposicións realizadas.
- Biblioteca da Facultade de Informática: ademáis de Facebook e Twitter, conta con Pinterest, no que dan a coñecer as novidades bibliográficas cada mes, ademáis de contar cuns taboeiros dedicados á súa colección audiovisual.
- Biblioteca
de Socioloxía e CC da Comunicación: conta con Facebook, no que ten unha
presenza moi activa diariamente, e dous Pinterest: un xeral, coas novidades
bibliográficas, e outro especializado na poderosa colección de cine que posúe, con
completos taboeiros clasificados por xénero cinematográfico, temática, país,
época, etc.
- Biblioteca Universitaria de Oza: conta con Facebook e Twitter para difundir información principalmente relacionada coas ciencias da saúde, e Pinterest, con novedades bibliográficas, bibliografía recomendada e recursos especializados en ciencias da saúde.
- Biblioteca
da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física: ten Facebook,
no que publican información relacionada coa biblioteca ou o deporte.
- Sección
de Información e Referencia: ademáis deste blog, contamos con Facebook
e Twitter. O noso obxectivo
nestas redes é dar a coñecer os servizos e recursos que a biblioteca pon a
disposición da comunidade universitaria, ademáis de transmitir o máis relevante
que suceda (novas, proxectos, eventos…) relacionado coa nosa universidade ou
con entornos que nos resulten de interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario