lunes, 27 de marzo de 2017

Os servizos da biblioteca da UDC





Neste post e nos vindeiros centrarémonos nos servizos que ofrece a biblioteca da UDC. Neste faremos un resumo dos principais, aínda que algúns deles serán tratados con máis profundidade nas próximas semanas pola relevancia que teñen, como poden ser o préstamo ou a formación de usuarios. Na web da biblioteca lístanse 8 servizos: 

O apoio á investigación (recursos de información e servizos de apoio para o persoal investigador) e o apoio á aprendizaxe (recursos de información e servizos de apoio para o alumnado) tratáronse xa ampliamente fai unhas semanas neste blog, polo que non incidiremos máis en eles.

Outro servizo é o de adquisicións, que permite aos usuarios solicitar obras que consideren de interese a través dun formulario web. Soamente tedes que introducir os datos que coñezades sobre a obra e seleccionar a biblioteca na que consideredes que debe figurar. A biblioteca valorará as vosas propostas.

O servizo de información brinda ao usuario a posibilidade de contactar coa biblioteca para facer consultas relacionadas con calquera recurso ou servizo que ofrecemos, así como información xeral: horarios, normas, organización e localización dos fondos,    funcionamento e manexo do catálogo ou doutras fontes documentais, etc. As consultas poderán facerse presencialmente en calquera das bibliotecas da UDC ou vía web a través deste formulario de contacto.

En canto á formación de usuarios, a través deste servizo a biblioteca pretende conseguir que os usuarios coñezan e utilicen cada vez máis os nosos recursos. Como resultado do uso destes mellorará a calidade do aprendizaxe do alumnado e a capacidade  investigadora do persoal docente e investigador. Para iso ofértanse diversos cursos, dende cursos de iniciación para alumnos ata outros máis avanzados e especializados para doutorandos e PDI.

Pola súa parte, o servizo de préstamo ten por finalidade optimizar o uso da colección das UDC, permitindo que os usuarios da biblioteca poidan ter os documentos durante un tempo limitado. O número de obras que poden ser solicitadas en préstamo e a duración deste variará en función da tipoloxía de usuario á que se pertenza (estudantado de grao, de másteres, PDI, autorizados externos, etc.). Algunhas das bibliotecas da UDC ofrecen ademáis do préstamo usual de libros e documentos, o de lectores de libros electrónicos e o de ordenadores portátiles.
Dentro do préstamo é importante que coñezades o préstamo interbibliotecario, que ofrécevos a posibilidade de solicitar a outras bibliotecas aqueles documentos (orixinais ou copias) que non forman parte das coleccións das bibliotecas da nosa universidade.

Por último, mediante o servizo de doazón de publicacións, a biblioteca ofrece unha selección de documentos que por diversas circunstancias (duplicados, non pertinencia para a nosa colección, etc.) non necesita, por se fose de interese para algún particular ou institución.

No hay comentarios: