viernes, 21 de abril de 2017

Día do Libro 2017




Este domingo día 23 conmemórase a celebración do Día do Libro, cuxa orixe remóntase a 1926, aínda que  a elección deste día como data para a celebración ven de séculos atrás, xa que o 23 de abril de 1616 foi o ano en que faleceron  Cervantes, Shakespeare ou Garcilaso de la Vega. Tamén un 23 de abril naceron ou faleceron outros recoñecidos escritores como Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia General de la UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ó libro e ós seus autores.

Cada ano, a UNESCO xunto con organizacións profesionais do mundo do libro, elixen unha capital mundial do libro, que este ano recaeu en Conakry, capital de Guinea, pola “calidade e a diversidade do seu programa, en particular, a atención que presta á participación da comunidade, así como polos seus obxectivos de desenvolvemento claros, que se centran na xuventude e a alfabetización”. En Guinea, ademáis de ter altos índices de analfabetismo, os libros son un ben escaso, e a escola é a menudo o único lugar onde os nenos entran en contacto coa lectura. A pesar disto, os guineanos teñen un gran apetito polos libros e a educación.

En España, o cartel elixido este ano polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte para conmemorar este día está inspirado na novela "Sin noticias de Gurb", obra do galardoado co Premio Cervantes 2016, Eduardo Mendoza, e que acompaña a este post.
Son moitas as actividades que dende as bibliotecas se levan a cabo estes días con motivo desta celebración. A BNE, como cabeceira do Sistema Bibliotecario Español, o propio domingo 23 acollerá nas súas instalación a emisión en directo do programa radiofónico No es un día cualquiera, no que Pepa Hernández entrevistará á directora da BNE Ana Santos Aramburo. Tamén Javier Docampo, xefe do Departamento de Manuscritos, Incunables y Raros, comentará curiosidades da biblioteca. Tedes máis información sobre este evento na seguinte ligazón.
Así mesmo, con motivo tamén da semana do libro, a Biblioteca Nacional, en colaboración co Instituto Quevedo del Humor, a Universidad de Alcalá de Henares e a Fundación ACS organizan a mostra ¿Qué es una biblioteca para ti? na que recollen 20 viñetas nas que grandes humoristas gráficos dan a súa visión particular do que é para eles unha biblioteca.
En Cataluña teñe especial importancia esta data, pois coincide co seu patrón, Sant Jordi. Existe unha tradición popular que aúna ambas conmemoracións mediante os intercambios de regalos de rosas roxas (Sant Jordi) e libros (Día do Libro). Neste día, a Biblioteca de Catalunya abrirá as portas a tódolos ciudadanos, ofrecendo visitas guiadas.

Xa na nosa comunidade, a Biblioteca de Galicia agasallará aos usuarios que visiten as súas instalacións con un libro entre varios de temática diversa.
Por último, na Coruña, as bibliotecas municipais realizan diversas actividades que podedes consultar nesta ligazón, que van dende obradoiros infantís ata a preparación dunha lectura en voz alta da obra "O Quixote".

No hay comentarios: