lunes, 22 de mayo de 2017

Os rankings de universidades


A elaboración de rankings de universidades proliferou bastante nos últimos anos, tanto a nivel mundial como en España. A cantidade de variables as cales atenden son infinitas: por especialidade, en canto a nivel de investigación, comparativas de programas académicos, etc., todo isto para definir o prestixio e a calidade das institucións universitarias. Aínda que naceron como guía para o alumnado, os centros os utilizan para analizar cómo se percibe o seu nivel de educación de cara ó exterior.

Para dar resposta a este tipo de estudos, na UDC destaca a Unidade de Análise e Xestión de Datos (AXD), que  centraliza e analiza a información para cubrir estatísticas de carácter oficial e así poder dar unha información fiable e contrastada que servirá para elaborar indicadores que reflictan a realidade da institución tanto en ámbitos nacionais como internacionais. Os rankings, como moitos outros estudos, requiren gran cantidade de información que abarca moitas áreas funcionais da UDC, o que orixina que a unidade AXD sexa transversal a todos os servizos da nosa universidade.
No Portal da Transparencia da UDC inclúese un amplo apartado dedicado á UDC nos rankings universitarios, presentando informes de cada un dos rankings, tanto nacionais como internacionais, con datos sobre a nosa universidade en cada un deles. 

En canto ao panorama español, recentemente publicouse o ranking 2017 da Fundación CYD, con 69 universidades analizadas e comparadas nas súas diferentes áreas de actividade. A clasificación mide o rendemento en variables como a ensinanza, a investigación ou a transferencia de coñecemento. Cataluña encabeza o ranking (coa Autónoma de Barcelona e a Pompeu Fabra), seguida de Navarra e Madrid. Ó final sitúanse Andalucía, Extremadura e La Rioja.
A pesar da súa expansión, os rankings tampouco están exentos de recibir críticas. Neste sentido recuperamos como exemplo a entrevista realizada no mes pasado a  Louise Simpson, directora da The World 100 Reputation Network, na que reflexiona sobre a reputación destes rankings.

No hay comentarios: