lunes, 27 de noviembre de 2017

Highly Cited Researchers 2017: investigadores altamente citados



Clarivate Analytics publicou recentemente a listaxe anual de investigadores altamente citados baseándose na Web of Science. Trátase da edición 2017 do “Highly Cited Researchers”, que engloba aos principais investigadores de ciencias e ciencias sociais de todo o mundo con máis citas no período comprendido entre 2005-2015. Esta listaxe é elaborada a partir dos artigos que están entre o 1% dos máis citados por campo e ano, publicados en revistas científicas indexadas na Web of Science Core Collection.
Ademais, os datos desta clasificación téñense en conta para elaborar rankings de gran proxección mundial no mundo universitario, como o ranking de Shangai.
A listaxe completa pódese consultar neste documento de Excel, do que extraemos unha serie de datos:

  • nela aparecen máis de 3500 expertos 
  • 58 investigadores son españois, 3 dos cales realizan o seu traballo no Sistema Universitario de Galicia
  • o CSIC é a institución española con máis representantes, con 14
  • no que respecta ás universidades, a Universidad de Barcelona presenta 6 autores na listaxe, e chama a atención que Madrid conte soamente con un, da Universidad Autónoma. Granada é outras das universidades con boa representación, xa que presenta 6 investigadores

Outros achados, recompilados no blog Universo Abierto son os seguintes:
  • EE.UU é o país co maior número de autores na lista, seguido do Reino Unido
  • destaca o terceiro lugar de China, que supón un incremento do 41% respecto ao ano anterior no que a representación de autores se refire
  • 147 autores son acreditados por traballos altamente citados en máis dun campo de investigación, e 20 autores aparecen en tres campos.
  • respecto ás institucións, a Universidad de Harvard encabeza a tabla institucional, seguida pola de Stanford 
  • o estudo tamén destaca un ranking de Hot Papers, documentos de investigación que acumulan rápidamente un gran número de citas pouco despois da súa publicación

Estas e outras conclusións pódense consultar neste documento en inglés de Clarivate Analytics. 

No hay comentarios: