O termo de
libro electrónico aúna dous conceptos: o e-book e o e-text, cada un con múltiples
capas e complexidades, o cal creou certas demoras na súa implementación.
Está consolidándose nalgúns casos concretos nos que o libro electrónico ten un
valor engadido como poden ser:
- as obras de referencia (enciclopedias, diccionarios…)
- materias dinámicas nas que a actualización é un requisito imprescindible, como a informática ou o dereito
- libros nos que as imaxes cobran especial relevancia, como os de arte
- coleccións de literatura en dominio público
A Biblioteca
da UDC conta cunha ampla colección de libros electrónicos de pago que inclúe
tanto obras de referencia como coleccións temáticas e multidisciplinares, que
en conxunto rondan aproximadamente os 89.000 ebooks. Nos últimos anos tivo un aumento
considerable, nunha mostra do apoio da UDC aos novos modelos de consumo de
información.
A maiores
destas coleccións, a biblioteca soe contratar algúns recursos baixo a
modalidade de períodos de proba, para
coñecer os títulos máis utilizados polos usuarios e así poder seleccionar entre
os milleiros de títulos que se ofertan, moitas veces difíciles de xestionar.
Como exemplo
disto último temos a colección multidisciplinar de Wiley, que consta de 298
ebooks adquiridos utilizando o modelo baseado na evidencia (títulos que se seleccionaron
a partir dos datos de consulta e uso da colección entre máis de 19.000 libros
ofertados no paquete). Desta e das demáis coleccións de libros electrónicos
suscritas pola biblioteca falaremos nun vindeiro post neste blog para dar a
coñecer estes recursos que poñemos á vosa disposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario