viernes, 28 de junio de 2019

Lecturas de verán 2019


Como todos estes últimos anos nestas datas e aproveitando os meses de vacacións que veñen por diante, dende o Servizo de Biblioteca queremos promocionar a lectura recomendándovos algunhas ideas para este verán.
Comezamos lembrándovos que nas bibliotecas das facultades da UDC contades coa sección BIC (Biblioteca de Interese Cultural), na que atoparedes lecturas para todos os gustos, dende novelas ou ensaios, ata cómics e guías de viaxe, etc.
Ademais, nalgunhas bibliotecas da UDC elaboraron centros de interese relacionados con esta época estival:


Outros recursos nos que atoparedes recompilacións con diversas suxestións son os xornais: por exemplo, dende Expansión propoñen Qué leer el verano de 2019: 15 libros adictivos para las vacaciones; en El Periódico céntranse no xénero policiaco e de suspense con 15 propuestas de novela negra para este verano 2019; Babelia, o suplemento cultural de El País, dedica a portada deste sábado aos libros do verán. Especialistas en distintos xéneros ofrecen as súas recomendacións: da narrativa ao deporte, o ensaio, a literatura infantil e xuvenil ou a poesía. Como último exemplo, na Voz de Galicia preguntan a seis autores ¿Qué van a leer este verano?

Tamén algunhas editoriais mostran nas súas webs seleccións dos mellores libros para ler en verán. É o caso de Planeta, que a través da sección Libros para leer este verano, ofrece varias clasificacións: “Libros de los que todo el mundo habla”, “Este verano, fortalece tu espíritu con estos libros”, “Guías, rutas y consejos para viajeros”, etc.
Os blogs ou portais de literatura son outras das fontes nas que atoparedes artigos con recomendacións. É o caso do blog Algunos libros buenos con Los 15 libros recomendados para este verano 2019 ou Estandarte con Diez libros para el verano de 2019, Dende o blog de Baratz, no que difunden información útil relacionada co mundo de bibliotecas, arquivos, xestión documental…, tamén veñen de publicar o post 10 libros recomendados por el #baratzteam para leer este verano

Para rematar, queremos sinalar que dende Página Dos, programa de libros de Televisión Española, pecharon a temporada esta semana cun especial de verán con propostas para ler durante as vacacións. Nesta ligazón podedes acceder ao programa completo.

No hay comentarios: