viernes, 13 de agosto de 2021

EBS de Cambridge University Press: libros en proba para posible compra


O Servizo de Biblioteca ten accesible até xullo de 2022 un novo EBS da editorial Cambridge University Press composto por 381 títulos de Historia e 22.700 de Ciencias Sociais. Pódese acceder desde a pestana “Recursos de información” da web do Servizo de biblioteca, apartado “Libros electrónicos”.  

Esta é a listaxe de títulos dispoñibles. Este novo EBS súmase aos que xa están activos das editoriais Springer, Walter de Gruyter, Elsevier e Wiley dispoñibles na mesma ligazón. En todos eles, os títulos máis consultados incoporaranse á colección mediante a súa adquisición. É por iso que é fundamental que toda a comunidade universitaria os coñeza e consulte os que sexan do seu interese. 

A estes novos libros en proba,  accédese a través de Cambridge Core, a plataforma desta editorial que recolle as súas publicacións, tanto libros, elements como revistas.  

Para buscar soamente polos títulos que están dispoñibles neste  EBS, hay varias maneiras: 

  • Marcar na páxina inicial a pestana “Only search content I have access to”.  

  • Facer a busca e, nos resultados, refinala marcando os filtros “Only show content I have access to, books e “elements”. 

  • Na páxina inicial, premer en What we publish” e a continuación “Books”. prémese en “View all books and elements you have access to here”.  

Os elements son un tipo de libros breves, entre corenta e setenta e cinco páxinas, escritos por investigadoras e investigadores de recoñecido prestixio e publicados en catorce semanas desde que o manuscrito está listo. Céntranse nun tema e recollen as investigacións máis actualizadas.  

Os resultados das búsquedas pódense ordenar por “relevancia”, “título” ou “data de publicación”. Na columna da esquerda están todas as variables polas que se pode refinar a busca feita 

Os resultados das buscas pódense gardar pero para isto, é necesario crear unha conta en Cambridge Core. Unha vez creada, prémese en “Save search”. 

A conta creada en Cambridge Core tamén permite almacenar partes de libros de interese na opción “My bookmarks.

No hay comentarios: