Vénse
de publicar a nova versión do Observatiorio IUNE cos datos da
actividade investigadora das universidades españolas, tanto públicas como
privadas, baseados en catro grandes indicadores: produtividade, colaboración,
impacto da investigación e visibilidade. O informe do 2021 presenta os datos
que abarcan do ano 2010 ata o 2019, ambos incluídos. Na mesma páxina web, pódese consultar a metodoloxía empregada.
Como cada ano, presentamos os datos de rendemento da UDC para cada un dos indicadores especificados, coa fin de ver a súa evolución grazas á comparación cos informes precedentes.
Lembramos unha prevención que hai que ter en conta para a análise: nalgúns
casos, nos últimos anos prodúcese unha diminución de valores, non relacionada
cun descenso do impacto senón coa proximidade temporal da produción científica
analizada. Un reconto posterior ofrecerá valores comparables.
A seguinte táboa resume a evolución da
produción científica da UDC nos diferentes indicadores mediante a evolución dos
rankings respectivos:
A UDC sobe en todos os valores con respecto a 2020 agás no apartado do número de publicacións en primeiro cuartil.
O informe IUNE estuda tamén:
- O recoñecemento: premios nacionais e sexenios obtidos.
- A innovación: o número de patentes, o importe de contratos I+D e consultorías, o importe facturado por prestación de servizos, os ingresos xerados por licenzas, o número de extensións PCT e spin-off.
- A competitividade, co reconto dos proxectos nacionais e europeos.
- A financiación, a través dos ingresos xerados pola investigación e os ingresos liquidados por operacións non financeiras.
- A capacidade formativa: o número de becas FPI, FPU, de contratos Juan de la Cierva, de contratos Ramón y Cajal e de teses defendidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario