viernes, 29 de julio de 2022

LI Feira do Libro da Coruña (1-10 de agosto de 2022)

 

Dentro do marco das Festas de María Pita 2022, o luns 1 de agosto ás 12:30h inaugúrase nos Xardíns de Méndez Núñez a 51ª Feira do Libro da Coruña. O seu lema nesta ocasión é común a todas as feiras do libro galegas, “Movémonos cos libros”.

A inauguración corre a cargo de Bibiana Candia, poeta a escritora coruñesa.

Lugar: Xardíns de Méndez Núñez

Horario: De 11:00 a 14:00 h e de 17.30 a 21.30 h  

Desde o seu comezo en 1966, cando o o xefe do Departamento de Difusión do INLE e os editores e distribuidores da cidade decidiron celebrar a primeira feira, viuse celebrando sen interrupción, no mesmo lugar e polas mesmas datas, aínda que nos seus comezos era bienal. O número de casetas foi variando. Nesta edición contamos con 30 casetas, das que 19 son librerías e 11 son editoriais:

 

Nobel A Coruña

Editorial Canela / Libros Lar

Libraría Arenas

Alvarellos Editora

Libraría Pedreira

Libraría Cortizas

M. Moleiro – El arte de la perfección

El Faro de los Tres Mundos

Libraría Xiada

Libraría Aenea

Libraría Lume

Metropolis Comics Coruña

Cartem

Moito Conto

Libraría Formatos

 

Santos Ochoa

Couceiro Librarías

Libraría Berbiriana

Alita Comics

Libraría Azeta

Komic Libraría

Ediciones del Viento

Hércules Ediciones

Bululú Libros

A Gata Tola

Libraría Troa-Avir

Edicións Embora

Consorcio Editorial Galego

Eneida Editorial

Editorial Galaxia

 

Desde o comezo houbo agasallos para os compradores: para as mulleres, unha rosa, para os homes un cinseiro e para a cativería un cómic. Hoxe gozamos do 10% nas compras. Outras curiosidades como a elección da “Dulcinea da Feira”, muller que destacaba pola súa beleza entre as mulleres que formaban a corte da raíña das festas, foron desaparecendo.

Desde 1974 a feira coincide nas datas coa Feira de Artesanía de Galicia. Jaime Hervada, alcalde naquelas datas sinalaba: “Estamos inaugurando la feria de la cultura, representada por el libro y por la artesanía gallega”.

Dentro da programación, todos os días desenvólvense múltiples actividades para todos os públicos, sinaturas de exemplares, charlas, presentación de libros, obradoiros,  concertos e contacontos. Entre eles, desexamos destacar este coloquio onde ciencia e literatura daranse as mans. O sábado 6 ás 19.30 h na carpa 2:

 

Literatura e ciencia. Coloquio entre Estíbaliz Espinosa, Jorge Mira, Iria Veiga e Ariana Fernández Palomo con Ana Correas, coordinadora do Muncyt, sobre ciencia e literatura.

Para estar ao tanto das feiras do libro invitámoste a seguir o seu Twitter e o seu Instagram

As feiras do libro seguintes as tedes na súa axenda.

No hay comentarios: