viernes, 5 de agosto de 2022

Cambios no JCR para o ano 2023

 

O pasado 26 de xullo Clarivate anunciou cambios no JCR que se implementarán a partir de xuño de 2023.

O Journal Impact Factor (JIF) pasará a calcularse para todas as revistas incluídas na Core Collection da Web of Science de xeito que tamén o recollerán as revistas do Arts and Humanities Citation Index (AHCI)™ e do Emerging Sources Citation Index (ESCI)™.

Tal e como sinalan, o seu obxectivo é contribuir ao avance da innovación, xa que deste xeito tanto os inversores como os e as investigadoras e as institucións poderán tomar decisións baseadas na calidade dos datos, tendo en conta ademais que todas estas revistas pasaron previamente un rigoroso proceso de selección para estar contidas tanto no ESCI como na WOS.

Esta decisión tamén axuda a nivelar a importancia de revistas de calidade como poden ser revistas novas, revistas de acceso aberto, revistas dirixidas a un nicho pequeño de investigadores/as, revistas enfocadas nun tema que só atañe a unha rexión ou as revistas do Global Southe está en concordancia coa súa posición de visibilizar a importancia doutras revistas de calidade nos procesos de avaliación da investigación, aínda que non sexan as máis altamente citadas.

Na edición do 2023:

-          9.000 revistas terán o JIF por vez primeira.

-          Haberá un 8% de incremento de revistas de acceso aberto dorado con JIF.

-          Haberá polo menos un 5% máis de revistas do Global South con JIF.

Por outra banda, o outro cambio anunciado é que este indicador mostrarase cun so decimal. Deste xeito, favorécese a avaliación das revistas non só por este indicador senón por outros rasgos descriptivos e de calidade.

No hay comentarios: