viernes, 12 de agosto de 2022

O recente "Agreement on reforming research assessment".

 
“Publish or perish” and metrics have led us into a blind alley. Let us start recognising the full breadth of value created by researchers.

Marc Schiltz, President of Science Europe

 

Nas últimas semanas, Europa presentou un acordo para a reforma da avaliación da ciencia, o Agreement on reforming research assessment.

Desde xaneiro de 2022 foise traballando e a súa versión final foi presentada o pasado 27 de xullo nunha asamblea que reuniu a máis de 350 organizacións de máis de 40 países. Por parte de España, estiveron presentes entre outros a ANECA, CRUE, AENOR, o CSIC, e a AEI, entre outros organismos en Universidades. Da Comunidade Autónoma de Galicia participou o IGFAE - Galician Institute of High Energy Physics.

O obxectivo global desta avaliación foi o desexo de maximizar a calidade e o impacto da investigación, así como un sistema de investigación máis eficiente e inclusivo. Por iso, a avaliación da investigación, dos investigadores/as e das organizacións debe recoñecer as diversas producións, prácticas e actividades que optimizan a calidade e o impacto da investigación. A avaliación debe ser cualitativa e, neste proceso, a revisón por partes é central, respaldada por indicadores cuantitativos cando sexa necesario e empregados dun modo responsable.

O acordo inclúe os compromisos e o periodo de tempo para as reformas. Así mesmo, expón os principios polos que se rexerá a Coalición das organizacións, que traballarán xuntas para implementar todos estes cambios.

A reforma ofrece unha plataforma para o traballo e a experimentación na que se poidan desenvolver novos criterios de avaliación, novos métodos e ferramentas, e un intercambio de boas prácticas, sempre con respecto á autonomía das organizacións.

Son as organizacións quen decidirán os pasos que darán para implementar os seus compromisos.

Anímase a todas as organizacións incolucradas na avaliación da investigación, europeas ou non, a firmar este Acordo e a unirse á Coalición.

A recollida de firmas para o Acordo será presentado o 28 de setembro no evento dixital  R&I Days -European Research and Innovations Days, 28 e 29 de setembro- que tratará a axenda da innovación europea, entre outros temas.

A “Asamblea Constitutiva”, que é a primeira reunión da Asamblea Xeral da Coalición espérase para finais do vindeiro outono.

Outro enlace de interese que resume o Acordo:

https://www.aalto.fi/en/research-art/eus-agreement-on-reforming-research-assessment

No hay comentarios: