martes, 18 de octubre de 2022

Dialnet Métricas





As métricas en España


Dentro do panorama de avaliación da ciencia sempre houbo limitacións á hora de estudar e calibrar os traballos das áreas de Ciencias Sociais e Humanidades, infrarrepresentadas nos índices de impacto internacionais como o de Garfield. Para paliar a situación creáronse ata a data distintos productos, entre eles a familia IN-RECS, onde se definía un indicador similar ao factor de impacto a nivel nacional pero que tivo que ser abandonado pola dificultade do seu mantenemento hai case unha década.


Actualmente existen outros indicadores, CIRC, DICE, MIAR, Carhus +, as listaxes de revistas da Fecyt ou a nivel latinoamericano Redib ou Latindex, que son útiles para valorar a visibilidade e difusión das revistas ou valorar o cumplimento de estándares de calidade, mais non están baseados na obtención de indicadores de citas. A semana pasada presentouse a nova edición de Dialnet métricas, un producto que parece que continúa o traballo do antigo IN-RECS aproveitando a infraestrutura de Dialnet.  



Dialnet Métricas

 

Dialnet xurde en 2002 na Universidade de La Rioja como sistema de alerta de publicacións científicas españolas. Pronto, grazas á incorporación sucesiva de distintas bibliotecas, consegue recompilar a información da maior parte dos sumarios das revistas publicadas en español, e vai incorporando outro tipo de materiais como libros, actas de congresos e teses. Actualmente configúrase como proxecto destinado a que cualquera usuario poida atopar información científica relevante publicada en español e para contribuir a darlle visibilidade. 

 

A partir de 2018 o proxecto enriqueceuse coa inclusión das referencias bibliográficas dos artigos dalgunhas das revistas que se incorporan a Dialnet para dar lugar a un novo produto, Dialnet Métricas. O obxectivo disto é que Dialnet funcione tamén como ferramenta útil para rexistrar as citas a documentos e autores, e por extensión, para medir o impacto no ámbito das ciencias sociais e humanidades en español. 

 

A iniciativa partiu da Universidade Complutense e coa indexación colaborativa de máis de 100 bibliotecas participantes e o asesoramento do grupo EC3, experto en bibliometría, da Universidade de Granada (precisamente creadores da familia IN-RECS) estase avanzando cara a consecución de un novo indicador (IDR - Índice Dialnet de Revistas) que axude a medir o impacto da investigación científica neses campos no ámbito hispano.  

 

A ferramenta está en proceso de mellora contínua. As limitacións materiais e de persoal impiden ou fan imposible de momento un baleirado exhaustivo de todas as revistas incluídas en Dialnet e é por iso que o traballo céntrase nunha serie de revistas preferentes, chamadas revistas fonte, escollidas por un comité de expertos en base á súa calidade, impacto internacional, pervivencia ou antiguedade, opinión dos investigadores, e tamén tendo en conta as facilidades técnicas que permiten o un baleirado automatizado. Se en Dialnet baléiranse case 12000 revistas, segundo a información metodolóxica para calcular o IDR 2019, as revistas fonte actualmente son 604 (algo menos dun 5%). 

 

Dialnet métricas ofrécenos dous apartados diferenciados na súa interface: 

  • O apartado principal do indicador que se está a construir, o IDR (Índice Dialnet de Revistas), proporciona un ranking de revistas por ámbitos temáticos, baseándose nas referencias das revistas fonte seleccionadas que mencionamos, tendo en conta unha ventana de citación de 5 anos.  
  • Un apartado chamado Indicadores Dialnet proporciona información bibliométrica a nivel micro, meso e macro. Atopamos indicadores sobre as mesmas revistas, pero considerando as citas incluidas en calquera revista (no las revistas fonte). Ademáis inclúe información sobre autores (agrupados en ámbitos temáticos, áreas de coñecemento e en universidades), e engade citas doutra tipoloxía documental como poden ser os libros, teses en congresos que tamén recolle esta base de datos. Dialnet métricas proporciona información sobre o impacto da produción científica de máis de 1000 investigadores da UDC.  


Uso nos procesos de avaliación científica


A finalidade, como decimos, é que sirva como complemento ou alternativa aos índices xa tradicionalmente utilizados (JCR e SJR) nos procesos de avaliación científica nos ámbitos das ciencias sociais e humanidades.   


Na actualidade a ANECA teno en conta para a acreditación dos sexenios no Comité 7.2 de Ciencias da Educación, e tamén se valora acceso aos postos de titular ou catedrático de universidade (programa ACADEMIA) na área de Ciencias Sociais (D.19).


No hay comentarios: