jueves, 20 de julio de 2017

Lecturas de verán 2017



Aproveitando estes meses de vacacións, dende o Servizo de Biblioteca queremos impulsar unha das misións da UDC (a formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común), promocionando a lectura e recomendándovos algunhas ideas para este verán. 

Son múltiples os listados de recomendacións de libros que aparecen nesta época do ano dende diversos medios. Por exemplo, o suplemento cutural Babelia do xornal El País,  ofrece no seu artigo “87 lecturas para el verano” suxestións dun total de 24 expertos en distintas materias e xénero, dende literatura en español ou novela negra, ata viaxes, ciencia, etc. Outros exemplos son os artigos “Estos son los libros del verano” no suplemento Fugas de A Voz de Galicia ou “Diez libros para llevar en vacaciones”, na sección de cultura do ABC.
Tamén dende a rede social e blog Quelibroleo propoñen “40 libros ambientados en lugares para visitar durante las vacaciones”, nos que se inclúen varias obras de recente publicación.

Ademáis destes listados, podedes ter en conta as seccións BIC (Biblioteca de Interés Cultural) das bibliotecas dos centros, nas que atoparedes lecturas para todos os gustos, como novelas, ensaios, cómics, etc.
Así mesmo, con motivo do aniversario esta semana do falecemento hai dous séculos da escritora Jane Austen, queremos mencionar algunhas lecturas da mesma. Diversos xornais fanse eco da súa vida e obra, como estes artigos publicados esta semana no País ou na Voz de Galicia.
Continuando con esta escritora, a biblioteca da UDC está suscrita á base de datos LION (Literature Online), que contén unha enorme colección de obras a texto completo de literatura en lingua inglesa. Entre elas, as edicións de Penguin Classics de Jane Austen.
Outras coleccións de libros electrónicos suscritas pola UDC nas que poder atopar lecturas para este verán serían E-libro. Colección Cátedra, que ofrece unha área temática dedicada á literatura, ou Ebook Collection (EBSCOhost), que tamén contén unha sección de ficción, pero con moi poucos libros en español.

No hay comentarios: