lunes, 25 de septiembre de 2017

Os datos enlazados nas bibliotecas



Os datos enlazados (linked data) son a forma que ten a web semántica de vincular os distintos datos que están distribuidos na web, para que poidan estar interconectados e ser máis útiles. Isto supón un novo modelo que pretende explotar a web como un espacio global de información no que a navegación se realiza a través de datos estructurados enlazados en vez de realizarse a través de documentos.
Durante os últimos anos surxiron numerosos proxectos relacionados cos datos enlazados aplicados a bibliotecas:
No caso de España, podemos citar o portal de datos da BNE, que  incorpora tódolos datos que o usuario pode encontrar no catálogo tradicional, aínda que non tódalas capacidades e busca do catálogo. A súa función principal é facer os datos máis visibles na web, de forma que os usuarios chegan directamente ao contido dende os buscadores. Por exemplo, facendo unha busca en Google por “Juan Benet BNE”, o primeiro resultado que se amosa é precisamente deste portal de datos. Tamén se inclúe información que non está no catálogo tradicional, obtida de fontes externas, como os datos biográficos de autores (extraídos automáticamente de Wikipedia), enlaces equivalentes noutras bases de datos internacionais, enlaces a exemplares dixitalizados na Biblioteca Digital Hispánica, etc.

Xa no ámbito internacional, pódense citar os proxectos da Biblioteca Nacional de Francia (BNF) e da Bristish Library (BNB):
Data.bnf.fr é o servizo de datos enlazados da BNF, gañador do Stanford Prize for Innovation in Research Libraries. Componse de listas despregables e listados de conceptos (autores, obras e temáticas).
bnb.data.bl.uk correspóndese co servizo da BNB, que permite acceder ao catálogo e as coleccións por varias interfaces: por Sparql, que permite ao usuario o uso dun editor, ou por busca avanzada mediante texto plano.
Como conclusión, sinalamos que dende numerosos artigos se destaca que os datos enlazados proporcionan unha maior posibilidade de ser descubertos por buscadores e navegadores, aumentando así a visibilidade dos catálogos das coleccións.

No hay comentarios: