Dende esta semana tedes acceso a
través da web da biblioteca a listaxes
de revistas incluídas na última edición do JCR e SJR e cuxa temática estea
relacionada cos departamentos ou áreas de coñecemento da UDC. Podedes acceder a
elas a través do Servizo de Apoio á Investigación>Indicadores de calidade de
revistas científicas:
Poden ser de gran utilidade para
o PDI, xa que este persoal desexa que o seu traballo sexa publicado en revistas
que lles proporcione a máxima difusión e visibilidade. A súa consecución
constitúe mérito nos procesos de avaliación polas axencias nacionais xa sexa
para obter a acreditación cara ó acceso á carreira docente na universidade,
para recoñecemento de sexenios, ou avalar proxectos de investigación. Desta
forma, os dous recursos principais para localizar revistas de impacto e que se
teñen en conta nestes procesos de avaliación son a Web of Science (a través do JCR)
e Scopus (co SJR).
Nas listaxes elaboradas, de cada
departamento inclúense 4 apartados sempre que sexa posible:
- resultados de revistas españolas en JCR
- resultados de revistas internacionais en JCR
- resultados de revistas españolas en SJR
- resultados de revistas internacionais en SJR
Exemplo:
Hai casos nos que é necesario descender a áreas concretas,
como Humanidades ou Letras, pero séguese o mesmo criterio anterior e inclúense
as mesmas listaxes de cada unha delas.
Exemplo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario