viernes, 6 de octubre de 2017

A presenza das bibliotecas na Wikipedia



Como sinala Concha Varela Orol no seu artigo Bibliotecas galegas: enredad@s co patrimonio?, crear contidos na rede implica traballar contidos non só nos espazos propios como a web, blogs, redes sociais, etc., senón que tamén implica saír a outros nodos de contidos para estar presentes con información de calidade. Cita como exemplo desto último as wikipedias, pola súa importancia como traballo colaborativo e uso na rede. Por iso, dedicamos este post a analizar a presenza das bibliotecas na Wikipedia, así como na súa equivalente en galego, Galipedia.
A Wikipedia é unha enciclopedia libre e editada de forma colaborativa creada en 2001. Unha das súas características principais é que os seus artigos foron redactados conxuntamente por voluntarios de todo o mundo e que calquera persoa previamente rexistrada pode editalos.
Isto orixinou moita controversia sobre a súa fiabilidade e precisión. No blog de Baratz precisamente sinalan ao respecto que por un lado están os que pensan que a información que se publica na plataforma non reúne os requisitos como para ser considerada unha fonte fiable pola falta de autoría, obxetividade… pero por outra banda están os que dan maior importancia a participación colectiva para a creación de contidos de calidade e a rápida actualización.
De feito, un estudo elaborado pola revista Nature mostrou que a Wikipedia pode ser tan confiable como a Enciclopedia Británica.

Centrándonos xa na presenza das bibliotecas nela, son moitas as bibliotecas universitarias que teñen o seu artigo na Wikipedia: Complutense de Madrid, Córdoba, Extremadura, Carlos III, Las Palmas, Zaragoza etc. A maioría delas seguen un mesmo esquema: historia, estrutura, colección e servizos, ademáis de incluir enlaces externos a outros recursos ou servizos delas. No que respecta á cidade de A Coruña, teñen presenza as Bibliotecas Municipais, a Biblioteca Provincial da Diputación de A Coruña ou a Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés.
Pola súa parte, a Galipedia, creada en 2003, é o nome co que se coñece a Wikipedia en galego. Teñen tamén presenza nela as anteriomente citadas Biblioteca Provincial da Diputación de A Coruña e a Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés. Inclúese tamén a Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.
Para finalizar o post, anunciamos que actualmente estamos traballando na redacción dunha entrada informativa sobre a nosa biblioteca tanto na Wikipedia como na Galipedia, da que próximamente teredes noticias.

No hay comentarios: