jueves, 17 de diciembre de 2020

Elsevier ScienceDirect eBooks


Continuamos informándovos doutro paquete de libros electrónicos adquirido segundo o modelo EBS (modelo de adquisición baseada na evidencia). Despois da difusión dos paquetes de Wiley Online Library, Walter de Gruyter Books e Springer Books, esta semana dámosvos a coñecer Elsevier ScienceDirect eBooks.

Ata o 15 de decembro de 2021 ofrecerase acceso a máis de 7.000 libros da editorial (algúns aínda non publicados), con carácter xeral entre os anos 2016-2021. Ao rematar este período de tempo, mercaranse aqueles títulos máis relevantes tendo en conta as estatísticas de uso.

Ao igual que nos paquetes anteriores, pódese acceder á totalidade de libros electrónicos do editor a través do buscador Pórtico, aínda que para localizar os libros por área de coñecemento recoméndase facelo a través da web de ScienceDirect. Para filtrar as buscas, a plataforma ofrece numerosas disciplinas dentro de catro grandes áreas temáticas: Ciencias Físicas e Enxeñería, Ciencias da Vida, Ciencias da Saúde e Ciencias Sociais e Humanidades. Tamén pódense filtrar os resultados por tipo de material: Books, Textbooks, Handbooks, Reference works e Book series.

Ademais, durante este mesmo período, disporase de acceso a máis de 260 Textbooks de Elsevier, que son manuais de referencia que poden ser útiles como bibliografía a utilizar. De feito, algúns forman parte da bibliografía recomendada nalgunhas materias de clase. Nesta ligazón accédese directamente a eles.

En canto ás opcións de visualización de cada libro, existe a posibilidade de descargar cada capítulo por separado ou ben o libro completo, en ambos casos en formato PDF. Tamén ofrécese a opción de realizar buscas dentro do contido do propio libro.

No hay comentarios: