jueves, 10 de diciembre de 2020

Springer Books


Continuamos informándovos doutro paquete de libros electrónicos adquirido segundo o modelo EBS (modelo de adquisición baseada na evidencia). Despois da difusión dos paquetes de Wiley Online Library e Walter de Gruyter Books, esta semana dámosvos a coñecer Springer Books.

Ata o 15 de decembro de 2021 ofrecerase acceso a máis de 41.000 títulos en inglés de carácter multidisciplinar entre os anos 2016 (2017 ou posterior para algunhas coleccións) e 2020. As ligazóns ás diferentes coleccións son as seguintes: Ciencia da Terra e do Medio Ambiente (1.961 títulos) Ciencia do Comportamento e Psicoloxía (1.088 títulos), Ciencias Biomédicas e daVida (2.594 títulos), Ciencias Sociais (2.992 títulos), Economía e Finanzas (2.362 títulos), Educación (2.566 títulos), Empresa e Economía (1.397 títulos), Empresa e Xestión (2.333 títulos), Enxeñaría (4.086 títulos), Estudos deliteratura, culturais e Medios de Comunicación (2.273 títulos), Física e Astronomía (1.527 títulos), Humanidades, Ciencias Sociais e Dereito (2.209 títulos), Informática (4.538 títulos), Matemáticas e Estatística (2.101 títulos), Medicina (3.442 títulos), Química e Ciencia de Materiais (1.264 títulos), Relixión e Filosofía (1.495 títulos) e Tecnoloxías intelixentes e Robótica (927 títulos).

Pasado o período de tempo citado compraranse os libros máis utilizados segundo os datos de consulta e uso da colección por parte da comunidade universitaria. Os libros permiten un acceso simultáneo ilimitado ás persoas usuarias e a listaxe de títulos podedes consultala a través de Pórtico, portal de acceso aos recursos electrónicos dos que dispón a biblioteca da UDC.

En canto ás opcións de visualización, existe a posibilidade de descargar cada capítulo por separado ou ben o libro completo, en ambos casos en formato PDF. Nalgúns casos tamén se permite a descarga en formato EPUB.

No hay comentarios: