Esta semana veñen de anunciarse os
primeiros acordos transformativos na Universidade da Coruña grazas á sinatura polo
Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) dos
acordos coas editoriais Cambridge
University Press e Oxford University
Press.
Os acordos transformativos forman
parte dos cambios na Ciencia Aberta para desenvolver a investigación científica
e supoñen "transformar" o modelo de pago de licenzas por "ler"
ao pago por "ler e publicar en acceso aberto", de forma que se paga
para que unha institución teña acceso ás revistas dunha editorial e que o custo
de subscrición tamén cubra os gastos de procesamento dos artigos (APC) que os
autores/as da institución pagarían por normalmente publicar o seu traballo en
acceso aberto con esa editorial.
Con estes acordos, as
institucións pretenden, ademais de contribuír á libre difusión do coñecemento,
conter o gasto mediante o pago dun prezo equitativo que permita facer sostible
o sistema de comunicación científica.
Para o persoal investigador estes
acordos supoñen a posibilidade de publicar sen custo en acceso aberto, estando
exento do pago por procesamento do artigo (APC) nestas editoriais. É importante
sinalar que o/a autor/a conserva os dereitos sobre as obras e pode protexelas
con licenzas Creative Commons.
Na siguiente táboa recollemos as
principais características dos contratos coas editoriais mencionadas:
|
Cambridge
University Press |
Oxford
University Press |
Nº de APC
aos que ten dereito á UDC |
ilimitado |
7 |
Data de
aceptación do artigo |
Entre o 1/1/2021 e o 31/12/2021 |
Entre o 1/1/2021 e o 31/12/2021 |
Tipoloxía documental aceptada |
Artigos de investigación, artigos de revisión, actas de congresos |
Artigos de investigación, artigos de revisión, actas de congresos |
Revistas
nas que se permite a publicación |
"Fully OA" e "Híbridas" (Listaxe de revistas) |
"Fully OA" e "Híbridas" (Listaxe de revistas) |
Tipos de
licenzas Creative Commons que se poden empregar |
CC-BY CC-BY-NC-SA CC-BY-NC-ND |
CC-BY CC-BY-NC CC-BY-NC-ND |
No Servizo de Biblioteca
elaboramos a infoguía Os acordos
transformativos da UDC, na que se poden consultar con máis detalle os
requisitos e compromisos dos/as autores/as para solicitar o pago das APC así
como o procedemento de solicitude en ambas editoriais.
Ademais destes acordos que
afectan directamente á UDC, tamén queremos salientar que dende hai meses a CRUE está a levar a cabo negociacións a escala
nacional coas editoriais Elsevier, Wiley, Springer e ACS para alcanzar acordos
transformativos para todas as universidades españolas. Precisamente onte
anunciouse que CRUE
e o CSIC asinaron un acordo con Elsevier para publicar en acceso aberto
artigos de investigadores das universidades españolas e do CSIC que fosen
aceptados a partir do 1 de xaneiro de 2021.
Por último, lembrámosvos que ademais destes acordos transformativos, a UDC tamén ten acordos con algúns editores (MDPI, ACS, SCOAP3 e RSC) para obter descontos nas tarifas de publicación de artigos en aberto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario