Con motivo da presentación esta
semana do portal español do programa
Horizonte Europa, dedicamos esta publicación a achegarvos información sobre
este novo programa marco de investigación e innovación (I+I) da Unión Europea
(UE) para o período 2021-2027, cuxa entrada en vigor está prevista para a
segunda mitade de maio.
Horizonte Europa, que substitúe o
seu predecesor Horizonte 2020, ten como principal obxectivo alcanzar un impacto
científico, tecnolóxico, económico e social dos investimentos da UE en I+I, fortalecendo
as súas bases científicas e tecnolóxicas e fomentando a competitividade de
todos os Estados Membros. O programa está organizado ao redor de tres piares,
como pode observarse na seguinte imaxe:
O piar 1, Ciencia excelente,
a través do Consello Europeo de Investigación financiará os mellores proxectos presentados
por persoal investigador. Tamén apoiará o desenvolvemento profesional e a formación
do persoal investigador a través das actividades de mobilidade internacional do
programa Marie Sklodowska- Curie, e investirá en mellorar o
acceso ás infraestruturas de
investigación.
O piar 2, Desafíos globais e competitividade industrial europea, financiará
a investigación no ámbito dos retos sociais e globais (saúde, cambio climático,
enerxías renovables…). Tamén incluirá o Centro Común de Investigación (JRC), que
asistirá a UE e os gobernos nacionais achegándolles evidencias científicas e
soporte técnico.
Por último, o piar 3, Europa innovadora, ten como obxectivo
facer de Europa unha potencia pioneira na innovación, apoiando a empresarios, pymes
e persoal científico.
Entre as principais novidades de Horizonte Europa con respecto a Horizonte 2020 destacan:
- Creación do Consello Europeo de Innovación.
- Creación de cinco novas misións de investigación e innovación enfocadas cara aos retos sociais e destinadas a facer fronte aos problemas que afectan á vida cotiá: loita contra o cancro, adaptación ao cambio climático, obtención de solos sans, limpeza e recuperación dos océanos e cidades intelixentes e climaticamente neutras.
- Reforzo da política de ciencia aberta cunha maior apertura:
o
Acceso aberto obrigatorio para as publicacións
o
Plan obrigatorio de xestión de datos para datos
FAIR
o Uso da Nube Europea da Ciencia Aberta (EOSC)
- Novo enfoque das asociacións: asociacións máis ambiciosas e baseadas en obxectivos coa industria en apoio dos obxectivos políticos da UE.
Outras ligazóns de interese:
- La
UE pone en marcha Horizonte Europa, su gran plan de investigación e innovación,
no xornal El País.
- Horizonte
Europa: la inversión europea en la ciencia (infografías), na web do
Parlamento Europeo.
- Xornada de presentación en España de Horizonte Europa: presentacións e gravacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario