Hai unhas semanas anunciabámosvos
nesta publicación
os primeiros acordos transformativos na Universidade da Coruña grazas á
sinatura por parte do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de
Galicia (CISUG) dos acordos coas editoriais Cambridge University Press e Oxford
University Press. Esta semana outros dous editores súmanse a este impulso cara
a ciencia aberta: Wiley e Elsevier.
Lembrámosvos que para o persoal
investigador estes acordos supoñen a posibilidade de publicar sen custo en
acceso aberto, estando exento do pago por procesamento do artigo (APC) nestas editoriais.
Ao igual que na anterior ocasión,
resumimos na seguinte táboa as principais características dos contratos coas
editoriais mencionadas:
|
Wiley |
Elsevier |
Cobertura
do pago |
100% das taxas de
publicación (APC) nas revistas de acceso aberto híbridas |
100% das taxas de publicación (APC) nas revistas híbridas
da Freedom Collection; destas revistas están explicitamente excluídas os
grupos de revistas de Lancet, Cell, Doyma e Clinics |
Nº
de APC aos que ten dereito á UDC |
Dependerá do fondo
establecido para este fin |
Dependerá do fondo
establecido para este fin. Tamén este fondo aplicará un desconto do 10% nos
APC de revistas Gold OA. |
Data
de aceptación do artigo |
Entre o 1/1/2021 e o
31/12/2021 |
Entre o 1/1/2021 e o
31/12/2021 |
Tipoloxía documental
aceptada |
Artigos de investigación
primaria, artigos de revisión |
Artigos de investigación,
artigos de revisión |
Revistas
nas que se permite a publicación |
||
Tipos
de licenzas Creative Commons que se poden empregar |
CC-BY (preferiblemente) CC-BY-NC CC-BY-NC-ND Un pequeno
número de revistas só aceptan as dúas últimas opcións. Por outra banda,
algunhas revistas só ofrecen a opción CC-BY se os patrocinadores da
investigación impoñen este tipo de licenza. |
CC-BY CC-BY-NC-ND |
Ademais das guías de uso para os/as
autores/as que proporcionan tanto Wiley
como Elsevier,
no Servizo de Biblioteca elaboramos a infoguía Os acordos
transformativos da UDC, na que se poden consultar con máis detalle os
requisitos e compromisos dos/as autores/as para solicitar o pago das APC así
como o procedemento de solicitude en ambas editoriais.
Como material complementario,
Wiley ofrece na páxina Servizos
Wiley para autores recursos para cada unha das etapas do traballo dos/as
autores/as, así como suxestións e ferramentas para que o persoal investigador poida
promocionar os seus artigos.
Por último, lembrámosvos que ademais destes acordos transformativos, a UDC tamén ten acordos con algúns editores (MDPI, ACS, SCOAP3 e RSC) para obter descontos nas tarifas de publicación de artigos en aberto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario